Os transportistas do carbón poderán acollerse á moratoria das cotas dos préstamos

TerraChaXa
A delegación do Goberno en Galicia informa que as medidas de reactivación no ámbito do transporte aprobadas onte polo Consello de Ministros inclúen especificamente aos transportistas de carbón das centrais térmicas.
9 Xul 2020

A delegación do Goberno en Galicia informa que as medidas de reactivación no ámbito do transporte aprobadas onte polo Consello de Ministros inclúen especificamente aos transportistas de carbón das centrais térmicas.

Este colectivo poderá acollerse á posibilidade de moratoria de seis meses no pago do principal das cotas dos contratos de préstamos, leasing e renting de vehículos dedicados ao transporte público de mercadorías de máis de 3,5 toneladas de masa máxima autorizada, naqueles casos en que experimenten dificultades financeiras como consecuencia da emerxencia sanitaria. Para ese efecto, considerarase que existen dificultades financeiras cando sufrisen na media mensual dos meses de marzo a maio de 2020 unha redución de ingresos ou facturación de polo menos un 40% respecto á media mensual dos mesmos meses do ano 2019.

A moratoria conlevará a suspensión dos pagos do principal das cotas do contrato durante o prazo solicitado permanecendo inalterado o resto do contido do contrato inicial, podendo optar por: 1. A ampliación do prazo de vencemento nun número de cotas equivalente á duración da moratoria, 2. ou a redistribución das cotas sen modificación do prazo de vencemento e sen alterar o tipo de interese aplicable. O Goberno estima que esta medida permitiría un aprazamento de ata 330 millóns de euros no caso do transporte de mercadorías.

A medida forma parte da Real Decreto-lei 26/2020, de medidas de reactivación económica para facer fronte ao impacto do COVID-19 nos ámbitos de transportes e vivenda, aprobado onte polo Consello de Ministros e que publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

As medidas adoptadas articúlanse ao redor de tres eixos fundamentais: protexer a saúde dos traballadores e viaxeiros, garantindo a dispoñibilidade dos servizos esenciais; proporcionar liquidez ás empresas do sector para facer fronte ás perturbacións financeiras a curto prazo vinculadas á crise do coronavirus; reducir as cargas administrativas simplificando e acelerando determinados procedementos administrativos.

Para iso contempla diferentes iniciativas no sector do transporte terrestre, de mercadorías e de viaxeiros, no transporte ferroviario, aéreo e marítimo e complétase con medidas no ámbito de vivenda.

0.14253687858582