Os Troitas Bravas da Pontenova animan a xornada de billarda meirega

TerraChaXa
Disputouse o domingo 2 de febreiro no pavillón deportivo de Meira a oitava xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste  e de novo a participación foi moi numerosa; desta volta foron 80 os palanadores que se achegaron para a disputa do torneo do lacón (57 homes, 16 donas e 7 infantis).
1 1 1 e1580889898376
6 Feb 2020

Disputouse o domingo 2 de febreiro no pavillón deportivo de Meira a oitava xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste  e de novo a participación foi moi numerosa; desta volta foron 80 os palanadores que se achegaron para a disputa do torneo do lacón (57 homes, 16 donas e 7 infantis).

En individuais o triunfo foi para Noé que gañou sobradamente cun Pleno de vintecinco puntos, seguido de Xan Rodiño con vintetrés e para o terceiro estaban empatados, Charli, David Navallo e Regueiro con vintedous puntos, Charli foi o mais efectivo nas carreiras de desempate e acadou o terceiro chanzo do podio.

En donas, Paula non puido manter a súa regularidade e a musical billardeira, Geni que sin presa pero sin pausa viña remontando nas derradeiras xornadas, deu o golpe de gracia e volta a estar primeira, que é o seu lugar natural tempada tras tempada. Segunda foi Lola Eiras (Billarda Verde) e terceira Vero (Chainzos-Cadaval).

En infantís foi Marcos (Troitas Bravas) o mais atinado, seguido de Aroa (Billardeiros Musicais) e de Mateu (Madia Leva).

En equipos, ós Troitas Bravas saiulles a conta redonda xa que ós 25 puntos de Noé sumáronlle os 22 de David Navallo e de Regueiro e os 21 de Toño para facer un total de 90 puntos co que borran a negativa actuación da anterior xornada en Castro, igualan a marca acadada polos Billardeiros Musicais na terceira xornada da tempada e ainda que siguen fora apretan a clasificación para quedar a so dous puntos da terceira plaza e a cinco do primeiro posto. Segundo e terceiro foron Billardeiros Musicais e Carabullo, ámbolos dous con 79 puntos e a once dos campións .

Antes da entrega de premios, Xan Rodiño, da conferencia Rias Baixas, quixo en nome de toda a LNB  agasallar a un novo palanador en recoñecemento ao seu compromiso co xogo da billarda: Ismael de Carabullos cumpliu a sua xornada número 100 en conpetición oficial.

Rematou a xornada ca entrega de premios na que houbo lacón para os tres primeiros clasificados, para a primeira dona Geni (que acadou tamén 22 puntos) e para o primeiro equipo os Troitas Bravas de A Pontenova.

1 21 e1580889892444
0.16511797904968