Os Troitas Bravas fixeron súa a xornada de billarda do Aberto do Miño de Lugo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pasado 14 de novembro disputouse no campo de Nadela de Lugo o Aberto do Miño no que se deron cita 75 palanoderes
Aberto do Mino Lugo billarda 3
16 Nov 2021

No campo municipal de Nadela en Lugo déronse cita 75 palanadores para a disputa do X trofeo Cidade de Lugo de billarda, agora coñecido como o Aberto do Miño.

Madia Leva, equipo organizador, axeitou catro campos que presentaban abondosas calveiras de céspede nalgún deles. Mañá desanxelada e fría que a multicolor serpe da LNB soupo quentar co voo das billardas surcando o grisáceo ceo. Finalmente o sol fíxose presente querendo saudar antes de rematar a xornada.

No deportivo, os Troitas Bravas da Pontenova nadaron ben e gañaron a xornada seguidos de Carabullo de Ponte de Outeiro e Chainzos-Cadaval de Castro de Rei.

Tamén os Troitas acadaron o primeiro e segundo posto no podio. David Navallo foi o campión e Regueiro segundo despois de superar no desempate a Daniel de Billardeiros Musicais.

En donas gañou Paula de Chainzos-Cadaval, segunda Aroa de Billardeiros Musicais e terceira Ana do Madia Leva. En infantis, de novo gañou Aroa que deixou uns cantos golpes de verdadeira campioa.

Cabe subliñar as altas puntuación acadadas por un bo número de palanadores que se achegaron ou mesmo superaron os vinte puntos na xornada o que fixo enormemente complicado e competido chegar ao podio. O campión fixo 24 de 25 puntos posibles, o segundo e terceiro fixeron ámbolos dous 23 puntos e logo un ronsel de palanadores con 22, 21 e 20 puntos.

Cerrouse a xornada coa entrega dos agasallos por parte do equipo anfitrión e con medallas conmemorativas para todos os infantís participantes, rematando cun xantar conxunto.

As clasifiacións logo da quinta xornada quedan asi:

Individual:

  • Chousa (Carabullo) e Sachas (Troitas Bravas) 60 p.
  • David Navallo (Toitas Bravas) 59 p.
  • Felix (Billardeiros Musicais) e Isma (carabullo) 57 p.

Donas:

  • Aroa (Billardeiros Musicais) e
  • Paula (Chainzos-Cadaval) 38 p.
  • Irea (Carabullo) 29 p.

Equipos:

  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 240 p.
  • Troitas Bravas (A Pontenova) 230 p
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 220 p.

CALENDARIO

  • 1ª xornada -  Castroverde - domingo 12 de setembro - organiza Billarda Verde
  • 2ª xornada -  A Pontenova - domingo 3 de outubro - organiza Troitas Bravas
  • 3ª xornada -  Lugo - domingo 14 de novembro - organiza Madia Leva
  • FÓRA DE LIGA: Copa Cantábrica entre Galicia e Asturias - Piedras Blancas - sábado 20 de novembro ADIADA
  • 4ª xornada -  Ribadeo - domingo 12 de decembro - organiza Billardeiros Musicais
  • 5ª xornada -  Castro Ribeiras de Lea - sábado 15 de xaneiro - organiza Chainzos Cadaval
  • 6ª xornada -  Mondoñedo - sábado 12 de febreiro
  • 7ª xornada -  San Miguel - sábado 5 de marzo - organiza Flores
  • 8ª xornada -  Begonte - domingo 20 de abril - organiza Castiñeiro Milenario
  • FÓRA DE LIGA: XII O Varal encontro billardeiro entre as tres conferencias
  • 9ª xornada -  Ponte de Outeiro - domingo 24 de abril - organiza Carabullo
  • 10ª xornada -  Remourelle - sábado 14 de maio - organiza Remourelle Bulls
  • Finais en Santiago de Compostela - domingo 29 de maio
Aberto do Mino Lugo billarda
Aberto do Mino Lugo billarda 1
Aberto do Mino Lugo billarda 2
0.18181204795837