Os usuarios dos centros veciñais de Riotorto celebran un xantar de Entroido

O Concello de Riotorto organiza un ano máis unha comida de Entroido, que terá lugar o mércores 11 de febreiro.
A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un trío Merengue.
O menú, que ten un prezo de 30 euros por persoa, inclúe sopa, cocido completo, filloas, café e bebidas.
A data límite para anotarse é o 9 de febreiro, e ten que facerse nos centros veciñais con preferencia para as persoas inscritas nas actividades.