Os usuarios dos centros veciñais de Riotorto celebran un xantar de Entroido
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto organiza un ano máis unha comida de Entroido, que terá lugar o mércores 15 de febreiro.
6 Feb 2023
O Concello de Riotorto organiza un ano máis unha comida de Entroido, que terá lugar o mércores 15 de febreiro.
A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un dúo musical aínda sen confirmar.
O menú, que ten un prezo de 20 euros por persoa, inclúe sopa, cocido completo, sobremesa e bebidas.
A data límite para anotarse é o 13 de febreiro, e terá que facerse nos centros veciñais con preferencia para as persoas inscritas nas actividades.