Os Valuros inician esta semana un novo curso

LugoXa | TerraChaXa
Contarán tamén cun cursos de Cantos de Valura
inscricion-os-valuros-castro-de-rei-portada
9 Out 2024

O grupo Os Valuros, de Castro de Rei, inicia esta semana as súas clases formativas, que se desenvolverán os mércores a partir das 17.30 horas con profesorado adaptado a todos os niveis.

As clases son impartidas por profesores titulados en grupos reducidos e para participar hai que inscribirse a través do teléfono 646 475 639.

Ademais, Os Valuros busca tamén pequenos de entre 4 e 6 anos para facer un grupo de iniciación. que será de 17.30 a 18.00 horas.

Por outra banda, os martes é a vez dos cantos de taberna, a asociación impartirá tamén un curso de cantos de taberna (cantos de valura), que será os martes de 20.15 a 22.00 horas en Castro Ribeiras do Lea. A inscrición pode facerse no mesmo teléfono.

0.080737829208374