Os veciños crean unha biblioteca rural na escola de Pino
A Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino está a crear unha biblioteca rural na escola de Pino.
Para poñer en marcha esta iniciativa, a asociación contou co doazón de libros por parte do CEIP Virxe do Monte da localidade.
Son títulos que xa non se empregaban na biblioteca do centro e que aportan á futura biblioteca dende grandes clásicos a enciclopedias e outros libros de consulta para todas as idades.
"Queremos agradecer ao Virxe do Monte a súa colaboración e de maneira especial ás responsables da biblioteca e aos rapaces e rapazas que axudaron a que esta doazón fose posible", subliñan dende a asociación.
"Agora toca clasificar, ordenar e agardar a que nos concedan a subvención que temos solicitada para as estanterías e xa poder por en marcha esta iniciativa", din.