Os veciños da concentración parcelaria de Friol teñen unha reunión o mércores
A Xunta de Galicia vai entregar os documentos resumo da concentración parcelaria no lugar de San Xoán de Seoane de Pregación, en Friol, nos que se relacionan os datos que lles afectan e se inclúen as parcelas de bases aportadas.
O acto de entrega terá lugar este mércores, ás 11:30 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural de Friol e afecta concretamente aos veciños de Seoane e Mundín.
O prazo de presentación de alegacións remata o día 28 de marzo e poderán consultarse os planos desde este mércores na web da Consellería de Medio Rural, no local social da parroquia de Condes, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo, na empresa Sial Ingeniería e nas propias dependencias do Concello.
Ademais, nesta xuntaza darase a coñecer o calendario coas visitas que a empresa colaboradora realizará ao local social para resolver dúbidas.