Os veciños da Pastoriza contarán desde o día 22 con recollida de residuos

Entre os días 22 e 27 deste mes de setembro o Concello da Pastoriza procederá á recollida de enseres domésticos.
Así os veciños que o desexen poderán depositar utensilios e mobiliario xeral do fogar como electrodomésticos, xoguetes ou aparellos musicais por exemplo indicando antes de cantos se trata.
Dende o Concello informan que non se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos nin aqueles que non sexan declarados na solicitude.
A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 6.00 horas da mañá e os enseres deberán estar depositados en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma.
Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ao teléfono do Concello 982 33 21 97.