Os veciños da Pastoriza organizan un ano máis unha festa de Entroido

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza terá, un ano máis, a súa festa de Entroido o domingo 19 de febreiro nas instalacións da antiga ladrilleira.
festa de entroido pastoriza_portada
9 Feb 2023

O Concello da Pastoriza terá, un ano máis, a súa festa de Entroido o domingo 19 de febreiro nas instalacións da antiga ladrilleira.

A festa dará comezo ás 13.30 horas cunha sesión vermú amenizada pola solista Belehm Arencibia, recanteira de Lugo sur. A esta seguirá, ás 14.30 horas, un xantar popular para todos os asistentes que contará con sopa de cocido e cocido completo, postre, auga, viño, refrescos, café e chupito. Terá un prezo de 30 euros para adultos e 15 para nenos de 5 a 10 anos.

Ás 19.00 horas está previsto o inicio do gran desfile de disfraces para o que poden recollerse dorsais entre as 17.30 e as 18.30.

Por supusto, é regulamentario acudir disfrazado xa que haberá premios para os mellores disfraces. A festa contará cunha chocolatada con churros.

Xa pola noite, a partir das 22.00 horas está prevista festa rachada con Belehm Arencibia xa que a entrega de premios está convocada para as 23.30 horas.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 13 de febreiro no 633 255 366 ou no 610 807 548.

Esta celebración está organziada polos veciños da Pastoriza en colaboración co Concello.

festa de entroido pastoriza
0.18485498428345