Os veciños de Aguarda, na Pastoriza, celebran as súas festas hoxe
TerraChaXa
A asociación de Veciños de Aguarda, no concello de Pastoriza, celebran as súas festas na honra a Santa Magdalena e San Martiño este sábado, 26 de agosto.
26 Ago 2023
A asociación de Veciños de Aguarda, no concello de Pastoriza, celebran as súas festas na honra a Santa Magdalena e San Martiño este sábado, 26 de agosto.
A xornada festiva comezará ás 13.30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú con Verónica Cambón que, ademais, será a encargada de amenizar a sesión da tarde-noite xunto ao dúo Tropical.
A comida veciñal terá lugar ás 15.30 horas e haberá colchonetas gratis para os máis pequenos.