Os veciños de Momán están convocados a unha reunión para informar sobre o novo parque eólico
TerraChaXa
Un grupo de veciños de Xermade convocou unha asemblea este sábado en Momán, para informar sobre a construción do parque eólico Santuario.
27 Ago 2021
Un grupo de veciños de Xermade convocou unha asemblea este sábado en Momán, para informar sobre a construción do parque eólico Santuario de 180 MW, que elevará a súa estrutura entre as provincias da Coruña e Lugo.
Actualmente está en información pública o estudo de impacto ambiental deste parque eólico, prazo que remata o 8 de setembro e que pode consultarse on line.
O Concello de Xermade acolleu xa unha sesión informativa sobre o mesmo a cargo da técnica municipal, Carolina Cajide.
Nesta ocasión serán un grupo de veciños preocupados os que ofrezcan información sobre este proxecto. A cita será na nave da feira de Momán, o sábado ás 11.00 horas.