Os veciños de Órrea celebrarán un xantar e unha ruta o 15 de setembro
TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 27 de agosto, unha ruta polos regos e fontes da localidade.
24 Ago 2023
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 27 de agosto, unha ruta polos regos e fontes da localidade. Partirase do campo da Eirexa ás 11.00 horas.
A maiores haberá unha comida veciñal no campo da festa a partir das 14.00 horas, con carpa incluída.
Para amenizar esta velada cóntase coa actuación do grupo Ariños de Orbazai, ademais dunda serie de xogos populares e tradicionais.
Tanto o xantar como o roteiro son actividades independentes e pode participarse en calquera delas por separado.
Os interesados en participar no xantar poden mercar os tiquets na taberna de Montse ata o xoves día 24 a un prezo de 25 euros, sendo gratuíto para os menores de 12 anos.