Os veciños de Órrea organizan unha vaixe cultural a Segovia

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, organiza unha viaxe a Segovia para visitar a cidade e os lugares nos que durante 300 anos mirandeses participaron nas segas de Catela.
26 sep 2018

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, organiza unha viaxe a Segovia para visitar a cidade e os lugares nos que durante 300 anos mirandeses participaron nas segas de Catela. Esta viaxe organízase baixo o programa Lemgrand a nosa historia e terá ugar os días 27 e 28 de outubro.

O prazo para anotarse á viaxe rematará o 30 de setembro. O custo por persoa, sempre que se xunten alomenos 50 persoas é de 9o euros todo incluído e para a incricións terán preferencia os socios e veciños da Órrea nacidos na parroquia ou vinculados a ela familiarmente, e logo o resto das parroquias de Riotorto e limítrofes.

As consultas e reservas poden facerse no teléfono 636 721 008 (Carlos).

0.23589491844177