Os veciños de Órrea volverán celebrar un xantar e unha ruta o próximo sábado

TerraChaXa | AMariñaXa
Os interesados en participar no xantar poden mercar os tíckets na taberna de Montse ata o xoves día 11
ruta-e-xantar-orrea-riotorto
6 Sep 2025

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo 13 de setembro unha ruta polos regos e fontes da localidade. Partirase do campo da Eirexa ás 10.30 horas.

A maiores haberá unha comida veciñal no campo da festa a partir das 14.00 horas, con carpa incluída.

Tanto o xantar como a ruta son actividades independentes e pode participar en calquera delas por separado.

Os interesados en participar no xantar poden mercar os tíckets na taberna de Montse ata o xoves día 11 a un prezo de 20 euros, sendo de balde para os menores de 12 anos.

O menú consistirá en callos e tenreira asada con patacas, sobremesa, café e auga.

⚙ Configurar cookies
0.15107798576355