Os veciños de Parga formarán unha cadea humana ese sábado en protesta contra o Sergas

TerraChaXa
Os veciños de Parga continuarán este sábado coas súas mobilizacións para reclamar a reapertura total do consultorio de Parga.
12f27309 a84a 4f43 bbaf 0b41c001ff47
2 Xul 2020

Os veciños de Parga continuarán este sábado coas súas mobilizacións para reclamar a reapertura total do consultorio de Parga. O consultorio, que se pechou ao inicio do Estado de Alarma para centralizar a atención en Guitiriz coa promesa de retomar a súa actividade cando este finalizase, só está a abrir os martes e os xoves para levar a cabo extraccións de sangue.

Tralas concentracións en Parga, Lugo e Guitiriz, os veciños están chamados este sábado, ás 19.30 horas, a formar unha cadea humana para cubrir a zona da estación do tren, o campo da feira e o propio centro de saúde.

Nesta acción, é obrigado o uso de máscaras e a unión entre as persoas realizarase mediante lazos que proporcionará a organización.

As mobilizacións continúan xa que o Sergas aínda non contestou á proposta dos representantes veciñais da Comunidade de Montes de Parga e o Comercio Local de Parga, que a semana remitiron un orzamento para instalar en Parga un módulo prefabricado dos utilizados no hospital de campaña instalado en IFEMA.

Todos os membros da corporación municipal acordaron na concentración celebrar o próximo luns, 6 de xullo, ás 19 horas un pleno extraordinario telemático no que se aprobe unha declaración institucional en apoio á veciñanza de Guitiriz e solicitando a reapertura total do centro de saúde de Parga.

Tamén se consensuou que esta sesión plenaria non suporía para os concelleiros e concelleiras ningunha retribución por dietas.

0.099973917007446