Os veciños de Roupar organizan unha excursión a Allariz e Ourense o 31 de maio

A asociación de veciños de Roupar organiza unha excursión cultural ás localidades de Allariz e Ourense o vindeiro 31 de maio, cunha completa xornada que inclúe visitas guiadas e comida en restaurante.
O prezo da actividade é de 25 euros para socios e 35 euros para non socios, e inclúe a visita a Allariz, o xantar nun restaurante, a visita a Ourense, guía acompañante e seguro de viaxe.
A saída será ás 08:00 horas desde a Escola da Casa Nova. A actividade só se levará a cabo se se acada un mínimo de 35 participantes.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o 26 de maio chamando aos teléfonos 608 835 165 (Fina) ou 678 063 111 (Marcial).
Trátase dunha excelente ocasión para desfrutar dunha xornada de convivencia e descubrimento cultural por terras ourensás.