Os veciños de Roupar organizan unha excursión á costa de Lugo

TerraChaXa
As reservas poden realizarse ata o 1 de outubro a través dos teléfonos de contacto facilitados pola organización
catedrais-ribadeo-camino-mar
30 Sep 2025

A Asociación de Veciños de Roupar prepara para o vindeiro 4 de outubro unha excursión que terá como principais destinos a Praia das Catedrais, Ribadeo e o Museo do Mar de Cervo. A saída será ás oito da mañá desde a Escola da Casanova e a xornada inclúe un completo programa de actividades.

As persoas participantes poderán gozar dunha visita á Praia das Catedrais, un paseo polo centro de Ribadeo e unha comida en restaurante. Pola tarde está prevista a visita ao Museo do Mar de Cervo, acompañados en todo momento por un guía. A organización tamén inclúe seguro de viaxe para todos os asistentes.

O prezo da actividade é de 25 euros para socios e 35 euros para non socios. As reservas poden realizarse ata o 1 de outubro a través dos teléfonos de contacto facilitados pola organización (608 835 165 e 678 063 111). A excursión require un mínimo de 35 persoas para levarse a cabo.

⚙ Configurar cookies
0.08801007270813