Os veciños de San Román do Vicedo traen unha actuación de Buxiganga o 6 de outubro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
14 sep 2019

A asociación de veciños de San Román do Vicedo, de recente creación, presidida por Martín Pena, Maribel Rodriguez como tesoreira e Rubén Rábade como secretario, cunta con máis de 40 socios. Durante esta curta andaina, lograron traer ao pobo, entre outras, unha actuación teatral grazas a Deputación de Lugo encadrado dentro do programa Buxiganga. Será o vindeiro 6 de outubro, no local social da escola do Vilar, e actuará Curuxán Teatro coa súa obra Impro.

No pobo de San Román, preto da praia de Areagrande e do xacemento dos Moutillós, haberá unhas 260 casas, moitas delas de uso vacacional. Entre as súas actividades figuran os bingos. Que organizan durante o inverno. Celénbranse no local social, e no derradeiro bingo un dos socios levou un jamón. Normalmente fan un bingo no nadal e outro polo Entroido.

O seu presidente indica que hai pouco tempo organizaron unha conferencia sobre o perigo das vespas velutinas coa empresa Serpa de Viveiro. Baixo esta asesoría, construíron despois unhas 30 trampas que colocaron en marzo e abril. Admiten que é un tema que lles preocupa porque hai moitos niños, din, moi cerca das casas.

O secretario do colectivo fixo un curso coa Asociación Galega de Apicultura, AGA Ortegal, co que puideron aprender a instalar ata catro colmeas en fincas privadas na primavera, e esperan recoller algo de colleita neste outono, con que farán alguna actividade conxunta cos socios.

No mes de outubro  teñen pensado traer á Garda Civil para que informe aos veciños, sobre todo os de máis idade, e os previrá contra os roubos, porque téñense dado no pobo varios casos con estafadores facéndose pasar por falsos inspectores técnicos da luz.

O colectivo solicitou subvencións por valor de máis de 4700 €, tanto a Xunta como a Deputación sobre servicios que axuden aos maiores a acodir ao hospital burelés que se atopa a 30 kilómetros de distancia, así como para o equipamento do local. Pero foronlles denegadas, pero polas que seguirán loitando.

Coa Deputación tramitaron un curso de varamento de cetáceos, que o impartiría a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA, para saber que facer e como proceder nestes casos que se dan a miúdo nestas costas. O último foi un delfín que varou sen vida na praia de Area. 

Polo San Xoán organizaron unha sardiñada, e as veciñas do Outeiro, axudaron coa barbacoa e facendo bizcochos e tartas, o cal a asociación está moi agradeceda, xa que “a asociación facémola entre todos” di o secretario.

Concienciados co medio ambiente, fixeron algunha ruta en kayak de mar para a limpeza da costa do Vicedo co gallo do día dos Océanos.

Polo demáis, en inverno organizaron clases particulares para os cativos dunha hora e media de duración, dous días á semana; á que adoitaron acodir varios nenos e nenas non só do Vicedo, senón tamén de Viveiro. Para o ensino medio non conqueriron polo de agora un grupo suficiente para organizar estas clases.

A maiores, tamén colaboraron conxuntamente con algún empresario da hostelería da zona, facendo campionatos de tute, sobre todo polo mes de febrero. Para animar a hostalería neses meses de ano quizáis máis frouxos. Nestas partidas xogan normalmente entre oito e nove parellas e houbo moi bon ambiente.

Hai pouco, en agosto, tamén organizaron a I Xuntanza Veciñal aproveitando a axuda da Deputación de Lugo a través do programa Musiqueando. Onde veu a Asociación Cultural  Axouxere de Roupar que deleitó a los asistentes; e donde púdose comprobar a axuda prestada por moitos vecinas e veciños e as ganas que teñen de poder xuntar. Para poñerse en contacto con eles pódese escribir ao mail  asociacionsanromanvicedo@gmail.com.   

0.18951106071472