Os veciños de San Román do Vicedo desfrutarán dun magosto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Out 2019

A activa asociación veciñal de San Román do Vicedo organiza para o 3 de novembro un magosto que para os socios será gratuíto.

Será ás 17 horas na A Costa e advirte de que voltarán a cruzar o río.

O colectivo organizou recentemente unha charla coa Garda Civil enmarcada no que se coñece como Plan Maior para informar sobre todo aos veciños de máis idade dos perigos de roubos e de estafas dos que poden ser obxectos nas súas propias casas no medio rural. Déronlles consellos sobre como proceder en caso de apreciar condutas sospeitosas.

 

0.13580107688904