Os veciños de Trabada desfrutarán do Entroido o día 7

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os veciños de Trabada poderán desfrutar o vindeiro sábado 7 de marzo dunha divertida festa de Entroido.
90076788_2608332006070730_3882500506865631232_o
24 Feb 2020

Os veciños de Trabada poderán desfrutar o vindeiro sábado 7 de marzo dunha divertida festa de Entroido.

Os actos comezarán ás 19.00 horas co inicio do Desfile de Entroido dende o pavillón munipal ata o centro médico.

Estará dotado con fantásticos premios valorados en máis de 3.000 euros e dará paso á verbena a cargo do grupo Fénix e de DJ Decibelios. Ás 00.00 horas realizarase a entrega de premios.

Para participar é necesario anotarse chamando ao 636 864 132 ou o mesmo día do desfile antes das 17.00 horas.

Durante a festa haberá servizo de bar e comidas servido pola Pulpería Mario de Viveiro.

Ademais, haberá lambetadas para os participantes infantís, sortearanse varias cestas e os presentes poderán degustar doces típicos destas datas de forma gratuíta.

0.13495898246765