Os veciños de Vilalvite, en Friol, celebran un magosto cun xantar o 13

TerraChaXa | LugoXa
A localidade de San Pedro de Vilalbite, en Friol, celebra o domingo 13 de novembro un magosto popular no campo da festa da localidade.
magosto popular vilalvite friol portada
5 Nov 2022

A localidade de San Pedro de Vilalbite, en Friol, celebra o domingo 13 de novembro un magosto popular no campo da festa da localidade.

Esta festa está organizada pola asociación veciñal Agro Pena de Vila e se desenvolverá en carpa cuberta.

A sesión, que dará comezo ás 14.00 horas, estará amenizada polo dúo D'Ases.

Ademais das castañas, haberá un xantar con empanada, cocido e larpeira no que poden participar os que o desexen. Terá un prezo de 22 euros para os socios e de 25 para os non socios mentres que os nenos de 4 a 10 anos deberán pagar 11 euros.

As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no Bodegón Corbelle ou falando con Inés (681 291 140) ou María José (660 282 883).

Entre os asistentes sortearase unha televisión e algún agasallo más sorepresa.

0.14005088806152