Os veciños de Xermade visitarán Piornedo e Navia de Suarna en abril

TerraChaXa
Todo aquel que estea interesado pode anotarse hoxe como último día
viaxe-a-navia-e-piornedo
8 Apr 2026

A Asociación de Veciños de Cabreiros, en Xermade, da man do programa Coñece a tua provincia, da Deputación de Lugo, organiza unha excursión a Piornedo e Navia de Suarna. Esta actividade terá lugar o venres 17 de abril no que se inclúe transporte, guía, xantar, entradas e seguro.

Os asistentes partirán ás 9:00 horas desde a Praza de Cabreiros e no itinerario inclúese unha visita ao Centro da Deputación, a Aldea de Piornedo, logo visitarase Navia de Suarna e rematará na fábrica de embutidos. Desde a asociación aconsellan levar roupa e calzado cómodo.

Todo aquel que estea interesado pode anotarse hoxe como último día, malia que só hai 23 prazas, das cales asignaranse por orde de inscrición, polo que é preciso non demorarse. Para máis información, pode chamarse a teléfono 686 104 780.

0.11727690696716