Os veciños de Xove e da Mariña poderán asistir a o concerto Música de cine
O vindeiro domingo 30 de xuño os veciños de Xove e da Mariña terán a oportunidade de asistir a un extraordinario concerto, un deses concerto que fan afición. Ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, un amplísimo grupo de músicos das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, e tamén do Conservatorio de Fingoi, van interpretar o concerto Música de cine.
O programa que van interpretar será 1492. A conquista do paraíso Vangelis; The Gael, O último mohicano de Dougie MacLean; A lista de Schindler de John Williams; InNoctem, Harry Potter de Nicolas Hooper; Only Time de Enya / Nicky Ryan; For the Love of a Princess, Corazón Valente de James Horner; Some where over the rainbow, O mago de Oz de Harold Arlen; O óboe de Gabriel (A misión) Ennio Morricone; May it be, O señor dos aneis de Enya; Now We Are Free , Gladiador de Hans Zimmer; A vita é bela de Nicola Piovani; e Piratas do Caribe de Hans Zimmer.
O Concerto está aberto a todo o público en xeral, de Xove ou da Mariña, con entrada de balde.