Os veteranos da Pastoriza gañan a Copa e os das Pontes ascenden a Primeira

TerraChaXa
O equipo de veteranos do UD Pastoricense fíxose esta fin de semana coa Copa Deputación da súa categoría logo de vencer ao Friol.
celebracion as pontes ascenso veteranos
19 Jun 2023

O equipo de veteranos do UD Pastoricense fíxose esta fin de semana coa Copa Deputación da súa categoría logo de vencer ao Friol por 4-2 nun partido disputado no campo do Gandarón, en Paradela.

O equipo branco remontou na segunda parte o único gol ata a pausa, obra do Friol. Diego Seco deu a volta ao marcador en dous minutos cun dobrete xusto ao regreso de vestiarios e malia que o Friol volveu empatar logo seguiu presionando o Pastoricense para sumar dous goles máis, o último sobre o asubío final.

O Pastoricense culmina así unha tempada na que rematou na parte media da táboa mentres que o rival foi subcampión do grupo provincial da División de Honra.

Outra boa nova para a categoría foi o ascenso do CD As Pontes, que xogará o ano que vén en Primeira. O equipo rematou este sábado a competición e fíxoo con derrota pero mantendo a segunda praza da categoría, que lle permite ascender o próximo curso. Este é o segundo ascenso consecutivo para o equipo pontés.

pastoricense campion copa
0.17894101142883