Os Vilares acolle unha xornada do programa Xunt@s sobre deporte
TerraChaXa
O programa Xunt@s chega aos Vilares, en Guitiriz.
16 Feb 2024
O programa Xunt@s chega aos Vilares, en Guitiriz. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.
Esta versará sobre promoción do deporte e terá lugar o martes 20 de febreiro de 10.30 a 12.00 horas na Escola dos Vilares. Continuarán á mesma hora, todos os martes nas seguintes semanas.
Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.