Os Vilares celebra as Festas da Pascua

TerraChaXa
O día 19 de abril darán comezo nos Vilares as festas patronais, Festas da Pascua e Virxo dos Desamparados, celebración que se prolongará ata o luns 22 de abril.
Captura de pantalla 2019 04 10 a las 16.23.44
17 Abr 2019

O día 19 de abril darán comezo nos Vilares as festas patronais, Festas da Pascua e Virxo dos Desamparados, celebración que se prolongará ata o luns 22 de abril.

Os actos darán comezo o venres coa celebración do Día do Nenos cunha festa infantil a partir das 17.30 horas. Pola noite, a partir das 22.00 horas, haberá unha degustación gratuíta de paella e empanada antes de que, a medianoite, comece un conceerto do grupo América.

Xa o sábado haberá sesión vermú coa orquestra Panamá, a mesma que fará unha parte da sesión verbena, que completará Cinema. O domingo a sesión vermú estará a cargo da orquestra Trebol que, pola noite, repitará sumándose tamén Olympus.

O luns, último día de festa, a sesión vermú, coa que se dará por concluída a celebración, estará a cargo do grupo Alba.

Ademais, haberá misas na honra á Virxe dos Desemaparados o domingo de 9.30 a 13.30 e o luns de 10.00 a 13.00 horas.

A organización lembra que haberá carpa no campo da festa e colchonetas gratis para os nenos na sesión vermú os tres días.

56598164_2576769119064283_950014519260741632_n
0.18916893005371