Os Vilares celebra as festas de Pascua desde o 29

TerraChaXa
A localidade dos Vilares, en Guitiriz, festexa durante a Semana Santa, as festas de Pascua e da Virxe dos Desamparados.
24 Mar 2024

A localidade dos Vilares, en Guitiriz, festexa durante a Semana Santa, as festas de Pascua e da Virxe dos Desamparados.

O programa abrirase o vernes 29  cunha festa infantil gratuíta. Ao remate haberá unha liscada tamén de bade e, a partir das 21.00 horas, terá lugar a actuación de Martín Carrión, ex cantante de Los Satélites e Trébol.

O sábado haberá sesión vermú coa orquestra Acordes e a verbena contará tamén con esta mesma e o grupo Origen. O domingo haberá misas solemne ás 10, 11, 12 e 13 horas seguido de procesión. A sesión vermú estará a cargo da orquestra Fuego, que tamén estará na verbena xunto a Olympus.

Tamén haberá unha sesión de tarde coa discoteca móbil Puzzle.

O luns 1 de abril, repetiranse os oficios relixiosos durante a mañá ás 11, 12 e 13 horas. A procesión contará coa actuación do grupo de gaitas Axóuxere.

Darase por terminada a festa coa sesión vermú, que estará a cargo do grupo Unión y Fuerza.

0.18852496147156