Os Vilares celebra as súas festas de Pascua

TerraChaXa | LugoXa
A localidade dos Vilares, en Guitiriz, festexa durante a Semana Santa, as festas de Pascua e da Virxe dos Desamparados.
os vilares guitiriz portada
3 Abr 2023

A localidade dos Vilares, en Guitiriz, festexa durante a Semana Santa, as festas de Pascua e da Virxe dos Desamparados.

O programa abrirase o vernes 7  cunha festa infantil gratuíta a cargo de Brincadeiras. Ao remate haberá petiscos e, a partir das 21.00 horas, terá lugar a presentación do grupo folk Os Trapeiros dos Vilares, seguido da actuación do DJ Blas.

O sábado haberá sesión vermú co dúo Venus e a verbena contará coa orquestra New York e Los Coleguitas, e o domingo haberá misa solemneás 10, 11, 12 e 13 horas seguido de procesión. A sesión vermú estará a cargo da orquestra Miramar, que tamén estará na verbena xunto a París de Noia.

O luns 10 de abril, repetiranse os oficios relixiosos durante a mañá e darase por terminada a festa coa sesión vermú, que estará a cargo do grupo Alma Latina.

os vilares guitiriz
0.10645413398743