Os Vilares celebran o seu Magosto con música, bingo e castañas gratis

A parroquia dos Vilares, en Guitiriz, prepárase para celebrar o tradicional Magosto o sábado 15 de novembro en As Reixas, cunha programación chea de música, comida e diversión. A cita comezará a partir das 20.00 horas, cando se repartirán gratuitamente castañas e liscos, servidos polo Bar Porto.
A partir das 23.00 horas terá lugar un gran bingo con premios, e a noite continuará coa actuación do grupo Os Trapeiros dos Vilares e a Discomóbil by Kokee, que amenizarán a festa ata ben entrada a madrugada.
A organización corre a cargo da Asociación Veciñal dos Vilares (AVA), que instalará unha carpa para garantir o bo desenvolvemento da xornada, aínda que o tempo non acompañe.