Os Vilares prepáranse para celebrar a súa gran Festa da Pascua

A parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, celebrará do 18 ao 21 de abril a tradicional Festa da Pascua e na honra á Virxe dos Desamparados, cunha programación cargada de actividades para todas as idades.
O venres 18, celébrase o Día das Nenas e Nenos, cunha tarde de inchables gratuítos e petiscos entre as 17:00 e as 20:00 horas. Pola noite, a festa continuará con liscos, chourizos e música a cargo do DJ Señor Magick.
O sábado 19, haberá sesión vermú co dúo La Hora Bruja, e continuará a animación para os máis pequenos con máis inchables. Pola noite, terá lugar unha gran verbena a cargo do grupo Origen e a afamada orquestra París de Noia.
O domingo 20, tras as misas das 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas, haberá sesión vermú co Dúo Eclipse, e a festa continuará pola noite coas orquestras Los Satélites e Marbella.
O luns 21, a xornada estará marcada pola tradición relixiosa, cunha procesión acompañada da música de Os Trapeiros dos Vilares e da Banda Municipal de Música de Guitiriz. A sesión vermú estará animada polo Dúo Venus.
Toda a festa desenvolverase nun campo cuberto con carpa, garantindo así a celebración en calquera condición meteorolóxica.
O evento conta co apoio do Monte Veciñal en Man Común Os Vilares, a Deputación de Lugo, o Concello de Guitiriz e numerosos negocios locais que colaboran ano tras ano.