Os Vilares vivirá o seu Entroido este domingo pola tarde

TerraChaXa
Farán unha chocolatada de balde e degustación de produtos típicos de Entroido
entroido-os-vilares
28 Feb 2025

Os Vilares vivirá o Entroido este domingo, día 2 de marzo, a partir das 17.00 horas. A sesión dará comezo coa concentración dos participantes na escola da Conchada.

Neste lugar, ademais da festa de disfraces propiamente dita, realizarán unha chocolatada de balde e degustación de produtos típicos de Entroido. Ademais, está previsto o sorteo do Goxo e agasallos para todos os que acudan disfrazados.

A sesión está organizada pola asociación veciñal dos Vilares en colaboración co Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.50334811210632