Os visitan mañá as parroquias de Vilalba

TerraChaXa | LugoXa
Os reis visitarán 11 parroquias, tratando de facer chamamento aos nenos e nenas da propia parroquia e as da contorna.
dav
4 Xan 2021

Os reis visitarán 11 parroquias, tratando de facer chamamento aos nenos e nenas da propia parroquia e as da contorna.
Non haberá recepción nin detalles. Os reis darán un pequeno discurso e saudarán aos nenos/as mantendo a distancia de seguridade.

Este ano o Nadal será distinto, polo que o Día de Reyes tamén se debe adaptar ás circunstancias. Por vez primeira visitarán as parroquias ao longo dun día intenso para as súas Maxestades, debido á grande extensión e dispersión de Vilalba. Farán 11 paradas ás que se poderán achegar as nenas e nenos da propia parroquia e arredores. Colocaranse buzóns para a recollida das cartas en todas as parroquias, xunto cun central no casco urbano.

Evitar aglomeracións. Ninguén se quedará sen saudar aos Reis, pero este ano terá que ser a distancia, gardando todas as medidas de seguridade. Farán visitas polo rural e un paseo pola meirande parte das rúas da vila, polo que se recomenda saudar desde a casa ou portal, e de non ser posible, baixar ao punto máis cercano. Garantiranse todas as medidas Covid.

Horarios

  • 12h. Árbol (Rioaveso)
  • 12h. Torre (Boizan, Alba, Insua, Soexo)
  • 12h. San Simon (Vilapedre)
  • 15h. Román (Carballido)
  • 15h. Tardade (Belesar, Codesido, Distriz, Gondaisque)
  • 15h. Lanzós
  • 16:30h. Goiriz
  • 16:30h. Santaballa (Mourence)
  • 16:30h. Nete (Ladra, Noche e Xoibán)
  • 18h. Samarugo (Corvelle)
  • 18h. Oleiros (Sancovade)
  • 18h. Vilalba (casco urbano)

Os Reis achegaranse ás casas escola das parroquias para os nenos e nenas das localidades máis próximas (as que aparecen entre parénteses). Pasarrúas por toda a vila para evitar aglomeracións.

0.11773800849915