Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con maxia

TerraChaXa
Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana co espectáculo Bibliodiscoteca de María Faltri Picadiscos ás 18.00 horas na Casa Dopeso.
unha maxia diferente mago paco as pontes
unha maxia diferente mago paco as pontes
7 Feb 2024

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana, 8 de febreiro, co espectáculo Unha maxia diferente, do Mago Paco, un espectáculo para nenos a partir de 5 anos.

A través de distintas historias e xogos de maxia traballa as diferenzas humanas como un punto de unión no que vernos reflectidos. Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero desde un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfundo educativo. Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que: "Ser diferente é o mais divertido e xenuíno que temos os seres humanos".

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde.

0.12452006340027