Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con Sabela Gago

TerraChaXa
Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana co espectáculo Maletas viaxeiras de Sabela Gago ás 18.00 horas na Casa Dopeso.
xoves na biblio maio
xoves na biblio maio
10 Maio 2023

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana, 13 de maio, co espectáculo Maletas vaixeiras, de Sabela Gago, un espectáculo para nenos a partir de 4 anos.

Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullaranse no mar e pasearán por París ata chegar á muralla chinesa.

Fomentarán a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas e acompañarán á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo; terán que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, globos e naves espaciais.

E rematarán a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario terán unha nova maneira de ollar o Mundo.

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.

maletas vaixeiras sabela gago
0.1918580532074