Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con Trécola Teatro
Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana, 27 de abril, co espectáculo Sen medo, de Trécola Teatro, un espectáculo para nenos a partir de 3 anos.
Dúas coidadoras dun parque natural contan as historias de Roi e Silo, dous pingüíns macho que queren ser pais; das tartarugas Clementina e Artur que comezan unha vida en común aparentemente feliz, ata que el comeza a poñer unha pesada carga de obxectos e desprezos sobre ela...
Tamén falarán de mulleres que, ao longo dos séculos loitaron polos seus soños, poñendo un valioso gran de area na historia do feminismo. Retallos de vida que plasman diferentes realidades que nos rodean, desde un punto de vista optimista e positivo: se queremos que algo suceda, deberemos loitar por conseguilo entre todas e todos.
A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.