O xurado escolle os gañadores do concurso da Festa da Filloa

O xurado do XXV Concurso de Debuxo e Relato da Filloa tivo a súa reunión para escoller aos gañadores. Na temática desta edición, os nenos e nenas tiveron que realizar os seus traballos sobre A Festa da Filloa.
Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardoados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.
Ao final, foron 120 os traballos presentados de seis centros escolares. Os premios están patrocinados pola propia comisión da Moexmu, ademáis do Concello de Cospeito, a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a Delegación Provincial en Lugo da Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Abanca, Caixa Rural Galega, Banco Sabadell e Aceites Abril. Ademais, a Universidade de Santiago de Compostela, que fará entrega dunha Tablet, ou ben ao mellor debuxo ou ao mellor relato (non se fai público ata a entrega dos premios durante a celebración da XXXIV Festa da Filloa de Muimenta).
Por outra banda, haberá unha sorpresa: unha filloeira para sacar unha foto de lembranza do teu paso pola Festa da Filloa.
