Os xuvenís do Pescados Rubén Burela FS golearon por 10 a 2 ao Concello de Guitiriz
O Pescados Rubén Burela FS gañou contundentemente, por un aplastante 10 a 2, o amigable da categoría xuvenil que xogou contra o Concello de Gutiriz o pasado domingo, ás 18.30 horas, no campo do Vista Alegre. Pouco antes xogouse un partido de autonómica cadete entre os mesmos equipos que quedou en empate a catro.
Ese mesmo día, pola mañá, xogaron os alevíns A un partido de autonómica que perderon os locais en Vista Alegre contra o Ex-alcohólicos por 1-8.
O resultado dos partidos das categorías de base do Pescados Rubén Burela da pasada fin de semana deixou os seguintes resultados, o Praias de Barreiros gañou ás burelesas por 3 a 0 e o Begonte tamén gañou 4-0 contra as burelesas no torneo feminino Praias de Barreiros, disputado en dúas tandas o sábado, no municipal barreirense.
O sábado, o Pescados Rubén xogou contra La Braña de Gijón un partido amigable de benxamín B en Vista Alegre que gañaron os visitantes por 0-4. E empataron os prebenxamíns noutro amigable disputado o mesmo día entre os mesmos contendientes que quedou en táboas, 1-1.