Osa do Mar continúa cos preparativos do festival

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Abr 2020

A pesar da situación de suspensión de moitos festivais por mor do coronavirus, os organizadores do Osa do Mar confían en que ao quedar aínda varios meses ata o 14 e 15 de agosto o festival burelés poida celebrarse con normalidade.

Así, Burela acollerá un ano máis o festival nun cartel que segue apostando por unha mistura de grupos xa consagrados con grandes promesas.

Nesta edición figuran os nomes de Batuko Tabanka & Bando Krioula, Verto, Blanco Palamera, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Grande amore, Grande osso, Ezetaerre, KITAI, Parquesvr, Sen Senra, The Rapants e The Wonderminds.

A organización lembra que aínda quedan moitas bandas e moitas sorpresas por confirmar e que será de balde.

O cartel deste ano conta coas ilustracións de Héctor Manasé.

 

 

 

0.1801860332489