Óscar Rodríguez fai novas incorporacións á candidatura do PP cara a acadar a alcaldía de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, incorpora novos perfiles á súa candidatura de cara a acadar a Alcaldía de Viveiro.
15 Abr 2019

O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, incorpora novos perfiles á súa candidatura de cara a acadar a Alcaldía de Viveiro. Tras a fichaxe para a súa lista do fisioterapeuta Javier Teijeiro López, anuncia a suma dos profesionais Alicía Meitín, María Inmaculada Nespereira Domínguez, Teresa Pérez Rodríguez e Antonio Lage Seara.

Trátase, segundo precisa o cabeza de lista popular, “de elaborar unha candidatura con perfiles diferentes que se complementan entre si para ofrecer o mellor proxecto para os vindeiros catro anos”.

O candidato á Alcaldía pretende rodearse dun nutrido equipo capaz de presentar propostas en todos os eidos que logren mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Rodríguez Blanco congratúlase de poder contar con xente como Alicia, María Inmaculada, Teresa e Antonio, persoas novas, moi preparadas, traballadores e comprometidos con este proxecto “que estamos a fortalecer coas achegas de todos e todas”.

Perfís das novas incorporacións

María Inmaculada Nespereira Domínguez. Profesional do eido sanitario, vive en Viveiro desde hai 14 anos. Diplomada en Puericultura, é técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) no Hospital Da Costa e estudante de Psicoloxía pola UNED. Ex atleta na especialidade de lanzamento de xavelina a nivel nacional e internacional, disciplina deportiva que practicou como atleta de elite durante 25 anos.

Alicia Meitín Cordido. Docente de certificados de profesionalidade da rama sociosanitaria, traballo que ven desenvolveno dende o ano 2014. É Graduada en Traballo Social, Máster en Dependencia e Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sociais. Especialización Universitaria en Centros Xerontolóxicos. Conta con ampla experiencia en Servizos Sociais, Coordinación de Servizos de Axuda no Fogar e Centros Residenciais, entre outros. Na actualidade é docente nun obradoiro de emprego no Concello de Muras promovido polos Concellos do Vicedo, Muras e Ourol.

Teresa Pérez Rodríguez. Grao en Psicoloxía, Máster en Psicoterapia Humanista Integrativa, Experta en coaching pola Escuela Europea de Líderes (EEL) e Certificado en Coaching Executivo pola Escuela Iberoamericana de Coaching (ESICO).

Na actualidade dirixe o centro de psicoloxía positiva e coaching, e-movere, en Viveiro. Compatibiliza esta actividade colaborando coa empresa Libredon, de Santiago, na que apoian o desenvolvemento de competencias profesionais de equipos en empresas e institucións como coach ou formadora e ao tempo, titoriza asignaturas da UNED.

Membro do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, da Asociación de Psicoterapia Humanista Integrativa y Couselling de España (APHICE) e Asociación Española de Brainspotting (AEBSP).

Antonio Lage Seara. Titulado superior universitario grao en Organización de Eventos, Protocolo e Relacións Institucionais pola Escuela Internacional de Protocolo de Madrid e a Universidade Europea. Cursou estudos de Licenciatura en Comunicación Audiovisual na Universidade Camilo José Cela. Especialista en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade Miguel de Cervantes. Curso de especialización  en Dirección Estratéxica de Turismo pola Universidade Antonio de Nebrija. Na actualidade desenvolve unha labor como comercial na Mariña e ocupa o cargo de presidente de NNXX en Viveiro.

0.13670897483826