Ourol colabora cunha asociación para dar servizo ás familias que coidan de persoas dependentes
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Viveiro, quere levar a cabo un programa de atención a familias coidadoras de persoas dependentes.
Este programa, que se iniciará a finais de setembro de 2019 e rematará en xuño de 2020, consistirá nunha formación teórica incial (con 2 sesións de duración de 2 horas cada unha) e posteriormente formarase un grupo de autoaxuda que contará cunha reunión mensual na que se tratarán diferentes temas de interés para as persoas participantes (autocuidados, estimulación no fogar...) e onde se resolverán as dúbidas que se vaian plantexando.
Este programa denominado Programa Rede Paraugas Rural é financiado pola Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia. Para obter máis información ou anotarse poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/ 677489457)