Ourol convoca estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

O departamento de Servizos Sociais de Ourol convoca estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Convocan ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas ou fillos ao seu cargo, residentes en Galicia.
As estadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o concello de residencia, equipo de monitoras e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias.
Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas dos seus fillos menores ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2019.

0.17598485946655