A Xanela das Pontes organiza unha charla sobre a capacidade xurídica
TerraChaXa
A Asociación de discapacitados activos das Ponte, A Xanela, organiza unha charla sobre a reforma da Lei en materia de capacidade xurídica
3 Feb 2022
A Asociación de discapacitados activos das Pontes, A Xanela, organiza unha charla sobre a reforma da Lei en materia de capacidade xurídica das persoas (Lei 8/2021, de 2 de xuño).
Esta charla terá lugar o vindeiro día 11 de febreiro ás 11.00 horas na casa Dopeso das Pontes, e está dirixida tanto a profesionais como a familias ou persoas que lles poida resultar de interese.
Para inscribirse pódese contactar co departamento de servizos sociais dos diferentes concellos ou ben directamente coa Asociación a través dos seguintes teléfonos 981 45 24 16 ou 607 23 02 49.