Ourol únese a campaña do Día Mundial da Sida 'As comunidades marcan a diferencia'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dende o Concello de Ourol vanse unir á campaña de Onusida, baixo o lema As comunidades marcan a diferencia.
30 Nov 2019

Dende o Concello de Ourol vanse unir á campaña de Onusida, baixo o lema As comunidades marcan a diferencia.

A celebración do Día Mundial da Sida, que terá lugar o 1 de decembro de 2019, brinda unha oportunidade importante para recoñecer o papel fundamental que as comunidades (educadores/as de iguais, as redes de persoas que viven co VIH ou están afectadas polo virus, traballadores/as sanitarios/as da comunidade, organizacións da sociedade civil...etc) levan desenvolvendo na resposta á sida a nivel local, nacional e internacional.

Dende o día 1 ata o 15 de decembro, estarán instaladas dúas mesas informativas, unha na casa do Concello e outra na Casa da Cultura, con diverso material divulgativo e informativo da dita campaña. Con estas mesas informativas queremos apoiar os esforzos que se están a realizar dende diferentes organizacións para incrementar os coñecementos frente á infección do VIH e outras Infeccións de Transmisión Sexual, promovendo sempre a igualdade de trato e a non discriminación das persoas afectadas.

0.078346014022827