Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude dos campamentos de verán
O Concello de Outeiro de Rei abre un ano máis o prazo de preinscrición para os campamentos urbanos que se realizaran do 4 ao 8 de xullo dirixidos a nenos e nenas de 4 a 7 anos e do 11 ao 15 de xullo para os que teñen entre 8 e 12 anos.
Por ser limitado o número de prazas (25 por campamento) estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición; terán preferencia os empadroados no concello e os alumnos do CEIP Laverde Ruíz con respecto aos de fóra.
O horario de atención será de 9.30 a 14.00 horas para os máis pequenos e de 10.00 a 20.000 para os maiores.
O prazo para anotarse permanecerá aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para participar nesta iniciativa é de 40 euros sen comida e de 45 con comida que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.
Nos campamentos realizarán actividades como obradoiros, día de praia, xogos de equipo, irán a Cerceda ao parque acuático, etc. Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.