Outeiro de Rei abre o prazo para as súas actividades de outono e inverno

LugoXa | TerraChaXa
Contará con distintas opcións deportivas, culturais de de promoción da muller para todos os grupos de idade
presentacion-actividades-outeiro-de-rei
2 Out 2024

O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de inscrición para as actividades da tempada 2024- 2025. Estas actividades estarán divididas en varios bloques, as culturais, deportivas, da OMIX, de Promoción da Muller e para maiores, seguindo a dinámica de edicións anteriores. No apartado de cultura e lecer ofértanse actividades de inglés, obradoiros, escola de maxia, teatro, bailes de salón (iniciación e perfeccionamento), micoloxía, gancho, calceta e macramé, charlas de alimentación saudable e dúas viaxes, á Finca Galega de Alfoz e a Ruta da Auga de Guitiriz.

Dentro da oficina de información xuvenil a oferta contén ximnasia rítmica, escola de música (de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol), pádel e manexo de drons.

No capítulo do deporte haberá fútbol sala, balonmán, taekwondo, ximnasia na auga, natación infantil, tenis, tiro con arco, patinaxe, pilates, ioga, BTT, rutas de sendeirismo, escola de motociclismo, curso de conducción de motociclismo e entrenamentos libres kart/moto en circuíto, entre outros. Finalmente, no apartado de promoción da muller haberá diferentes formacións con obradoiros de todo tipo. Non faltará a celebración do día Internacional da Muller traballadora (8 de marzo) e o convocado contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Así mesmo, están previstas outras celebracións festivas como a de Reis, Entroido e dos Nenos.

Para os maiores tamén haberá un grupo de actividades entre as que figuran ximnasia,  memoria, manexo do móbil, coidado dos pés e excursións, este ano a Ribadeo e ao Corpus Christi de Ponteareas e Mondariz.

Por ser o número de prazas limitado estas cubriranse por rigoroso orde de inscrición, tendo sempre preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra. O prazo remata o 11 de outubro.

As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán cotas a maiores da establecida: curso de 2 meses, 10 euros, cursos de 3 a 4 meses, 20 euros e de 5 meses en diante, 30 euros.

0.18390393257141