Outeiro de Rei abre o prazo para inscribirse nos campamentos urbanos
O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos que se realizarán do 3 ao 7 de xullo para a rapazada de 8 a 12 anos e do 10 ao 14 de xullo para a mocidade de 4 a 7 anos.
Ao ser limitado o número de prazas (30 por campamento), estas cubriranse por rigorosa orde de solicitude (terán preferencia os empadroados no concello e o alumnado do colexio Laverde Ruíz con respecto ás solicitudes de fóra.
O prazo para anotarse permanecerá aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas.
Nos campamentos realizarán actividades como obradoiros, xincanas, xogos de equipo, irán ao parque acuático de Cerceda, etc.
Teñen un custe de 40 euros o primeiro e de 30 euros o segundo, que deberán aboarse sempre antes de rematar o prazo de inscrición.
Pódense reservar as prazas nas oficinas municipais da casa da cultura de 10:00 a 14:30 horas ou chamando ao 982 39 34 08.