Outeiro de Rei acolle as festas de San Blas este sábado
O Concello de Outeiro de Rei organiza o vindeiro 1 de febreiro as tradicionais Festas na Honra a San Brais, cunha programación repleta de actividades para todos os públicos.
Os actos comezarán ás 13:00 horas coa misa solemne na Igrexa de San Xoán, seguida da procesión e dunha sesión vermú que estará amenizada polo grupo La Bamba. Pola noite, ás 22:00 horas, terá lugar unha gran verbena tamén a cargo de La Bamba, que animará a xornada festiva.
Durante o descanso da verbena, os asistentes poderán gozar de chocolate quente de balde para socios e colaboradores; para o resto do público terá un prezo simbólico de 2 euros. Ademais, celebrarase o sorteo dunha carreta chea de produtos típicos do Entroido, unha oportunidade para os participantes de levar para casa unha deliciosa mostra da gastronomía local.
A festa contará cunha carpa instalada na Praza do Concello, garantindo un espazo cuberto para os asistentes.