Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Outeiro de Rei presenta este martes na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h o vídeo 8 M- 8 Mulleres. Concello de Outeiro de Rei
Con este vídeo preténdese dar visibilidade ao traballo das mulleres dándolles un merecido recoñecemento, conscientes de que o acadado é moi importante pero que aínda queda un camiño por recorrer na procura da igualdade real e de oportunidades para todas elas.
O acto estará presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e contará coa presenza das protagonistas e de Irene Vila Modia, da empresa Bulebule, realizadora deste traballo.
O Concello de Outeiro de Rei anima a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación e á posterior charla-coloquio.