Outeiro de Rei acolle un curso de plantas aromáticas e medicinais

LugoXa | TerraChaXa
Está previsto que se realice os días 11, 18 e 25 de xuño e o 2 de xullo en horario de tarde
curso-plantas-medicinais-outeiro-de-rei
Cartel do curso
5 Xuño 2024

O Concello de Outeiro de Rei colabora co Sindicato Labrego Galego na posta en marcha dun curso de plantas aromáticas e medicinais de 14 horas de duración, no que as persoas participantes realizarán saídas para a identificación e recollida de plantas e adquirirán coñecementos sobre o seu procesamento e utilidades.

O curso está previsto que se realice os días 11, 18 e 25 de xuño e o 2 de xullo en horario de 16:30  a 20:00 horas.

Para anotarse ou recibir máis información poden chamar ao 982 231 154 ou ao 982 393 408; este curso é gratuíto e o prazo de inscrición estará aberto do 27 de maio ao 7 de xuño.

0.17952704429626